Saturday 04 de May de 2024

Un total de 34 pinturas conforman a exposición “Catro médicos por Riveira”


Poderá ser visitada ata o 27 de maio no Lustres Rivas
Santa Uxía de Riveira, 8 de maio de 2017- Os veciños xa poden ver ata o vindeiro 27 de maio unha nova exposición no Centro Cultural Lustres Rivas: “Catro médicos por Riveira”, mostra formada por 34 obras que é froito da combinación artística de catro doutores afeccionados á pintura: Pablo Gallego, Tino Cuesta, Leopoldo García e Xesús Vázquez.

Todos eles estiveron na tarde do venres no acto de inauguración, baixo a presidencia do alcalde Manuel Ruiz e coa presenza entre outros do senador José Luis Torres e o pintor aguiñense Manuel Ayaso. No transcurso do acto se incidiu na disparidade de estilos de cada un dos autores que, sen embargo, gardan unha certa unicidade posto que cada un deles podería vincularse cun dos catro elementos da natureza: auga, lume, terra e aire.

A mode ser visitada de luns a venres de 10 a 14 e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 e de 19 a 21 horas. A entrada é gratuíta.

Biografías dos artistas

Xesús Vázquez Gallego
Membro da entidade “Colectivo Médicos Artistas Plásticos de Galicia”, inicia a súa actividade artística con exposicións individuais e colectivas por todo o territorio nacional e incluso no extranxeiro; Santiago, A Coruña, Sarria, Carballiño, Roquetas de Mar, Barcelona, Marbella, Las Palmas e incluso Agadir en Marrocos, son algúns dos lugares onde se puido disfrutar das súas creacións dende o 2007.
Ten participado en feiras de arte, concursos e encontros así como exhibido a súa obra en centros públicos e galerías comerciais.

Pablo Galego Feal
A mediados dos anos oitenta comeza a súa actividade pictórica realizando oito exposicións individuais e catro colectivas ata 1998, dende esa data, esporadicamente retoma os pinceis. Emprega fundamentalmente a técnica de acrílico inmerso no mundo da abstracción e o expresionismo.
Escritor de relatos e poesía dende a súa mocidade, recibe unha mención de honra nos Premios Relatos de Humor e en 2005 publica a novela curta “La isla entera”.
É membro da Sociedade Artística Ferrolana. En 2008 retoma a súa actividade creadora formando parte da entidade “Colectivo Médicos Artistas Plásticos de Galicia” e expón en Santiago, A Coruña, Ribadavia, Carballiño, O Rosal, Lalín, Palas de Rei, Ourense… entre outros lugares.

Leopoldo García Méndez
Ao igual que os anteriores, pertence tamén á asociación “Colectivo Médicos Artistas Plásticos de Galicia”. Comeza a pintar fai pouco máis dunha década e expón as súas obras en distintas vilas e cidades como Vilalba, Lalín, Vigo, A Guarda, Nigrán, Gondomar, Ribadavia ou San Fernando de Henares entre outras.
Mostras individuais ou colectivas que o levan a expoñer por toda a xeografía nacional así como á participación e intercambios artísticos en diversos eidos culturais e recreativos.

Constantino Cuesta
Natural de Baracaldo e residente en Oroso é autodidacta na súa formación artística; ao comezo realizaba modelado de barro e talla de madeira, pasando recementeá pintura baixo a técnica do óleo sobre lenzo, táboa ou outros materiais. Concibe a súa arte como escenas sociais en continuo movemento, onde o ser humano e as súas paixóns ocupan o maior protagonismo cunha tendencia cubista e as veces simbólica que fan necesaria a reflexión para asimilar algunha das súas obras.
Afeccionado á literatura, na actualidade está rematando a súa cuarta novela tras ter publicado “Herdeiros da Miseria” en 2012 e “Soñadores sinporvenir” en 2013.
Participou en numerosas exposicións, case todas colectivas, en diversas vilas e cidades como Santiago, Lugo, Brión, Pontevedra, Chaves, Figueira da Foz, Braga, Madrid ou Roma entre outras; realizou a súa primeira e única mostra individual, ata o momento, en Oroso.